9 de set. de 2025

A GUARDA

Comeza o curso 2025-2026 con obradoiros teatrais da man de FOCO  

O Concello de A Guarda colabora con FOCO nestes obradoiros de balde para todas as idades  




Infogauda / A Guarda 

 O Concello de A Guarda, en colaboración coa asociación FOCO, organiza novos obradoiros de teatro para nenos e nenas de 6 a 12 anos durante o curso 2025/2026, é dicir, para o alumnado de Educación Primaria.  

 Serán espazos creativos, dinámicos e divertidos onde pasalo ben, desfrutar, aprender a empregar a voz e o movemento, xogar e coller confianza. Todo o mundo é benvido a unirse para facer amizades e pasalo xenial.  

 Os obradoiros terán lugar no Centro Cultural de A Guarda, os martes lectivos do curso, de 16:00 a 17:30. Serán totalmente de balde e non é necesaria experiencia nin habilidades especiais; é unha oportunidade perfecta para aprender.  

 As inscricións estarán abertas do 10 ao 25 de setembro na seguinte ligazón: https://forms.gle/cDtxYSSkb7TVBt6F8 .   

 Ademais, en FOCO, teñen máis obradoiros dispoñibles para outras idades durante todo o curso, tamén gratuítos, nos seguintes horarios:      

• De 13 a 17 anos: Os venres de 18:00 a 20:00     

• De 18 a 30 anos: Os sábados de 12:00 a 13:30     

• Máis de 60 anos: Os mércores de 18:00 a 19:30  

 Para calquera consulta, dúbida ou suxerencia, as persoas interesadas poden contactar coa OMIX de A Guarda no telefóno 676 34 78 90; ou no correo electrónico info@focoeuropa.com 

Ningún comentario:

Publicar un comentario