O DELEGADO TERRITORIAL ENTREGA OS CARNÉS A 38 EFECTIVOS DA PROTECCIÓN CIVIL
• O acto involucrou ás agrupacións de Agolada, Pontevedra, Tui, Vila de Cruces, O Rosal, Meis e Poio
• Reguera destacou o traballo incansable e desinteresado da Protección Civil
Infogauda / Pontevedra
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, presidiu esta mañá o acto de entrega e renovación de carnés a varios efectivos da Protección Civil.
O acto tivo lugar no edificio administrativo da Xunta en Pontevedra e nel entregáronse 38 carnés a efectivos das agrupacións de Agolada (6), Pontevedra (3), Tui (1); Vila de Cruces (4); O Rosal (8); Meis (1); e Poio (15).
O delegado territorial aproveitou o acto para destacar o “gran traballo que levan a cabo todos os voluntarios” e agradeceu o compromiso que teñen demostrado os efectivos “priorizando o servizo á comunidade e a axuda aos demais ao seu propio lecer”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario