Volve á Guarda a gastroneta para probar petiscos de produtos do mar de xeito gratuíto
• O vehículo estará na rúa As Pozas (A Gándara) este sábado
Infogauda / A Guarda
A gastroneta da campaña Galicia Sabe Amar, da Xunta de Galicia, volverá facer parada na Guarda.
A gastroneta instalarase este sábado 6 de setembro nas rúa As Pozas (A Gándara) de 17:00 a 21:00h e ofrecerá petiscos a base de produtos do mar e da terra.
Galicia Sabe Amar busca impulsar o consumo de produtos do mar e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario