30 de ago. de 2025

O FERROL

Xornada sobre "Carpinteiros de Ribeira"

Ferrol, 10 de setembro de 2025

Lugar: Sala Carlos III, EXPONAV (Ferrol)




Delegación Territorial en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos

 Informamos que, a Delegación Territorial en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, organiza o vindeiro mércores 10 de setembro, unha xornada sobre “Carpinteiros de Ribeira” ás 18:15 h. en Ferrol.     

 Nesta xornada, intentarase divulgar “o arte e a ciencia” da Carpintería de Ribeira inicio da Construción Naval e actividade moi viva aínda, sobre todo nas comunidades do norte e noroeste de España, pero moi descoñecida polo público en xeral e as novas xeracións de enxeñeiros navais en particular.  A xornada contará con tres relatorios a cargo do Mestre Carpinteiro de Ribeira D. Xerardo Triñanes, a Dra. Enxeñeira de Montes Dª. Azahara Soilán, e o Dr. Enxeñeiro Naval D. José Mª. De Juan-García. A mesa redonda será moderada polo Presidente de AGALCARI D. Ramón Collazo.    

PROGRAMA  

18:15         

Benvida Decano Territorial en Galicia do COIN D. Jorge Dahl de Sobrino e D. Rafael Súarez Pérez, Xerente de EXPONAV  

18:30              

Introdución D. Ramón Collazo, Presidente AGALCARI  

18:45              

“Carpintería de Ribeira na Ría de Ferrol”, Dr. Enxeñeiro Naval D.José Mª. De Juan-García Aguado  

19:15              

“A madeira na construción naval”, Dra. Enxeñeira de Montes, CIS Dª. Mª. Azahara Soilán Cañás.  

19:45              

“Carpintería de Ribeira no século XXI, Situación e Retos”. D. Xerardo Triñanes, Asteleiros Triñanes, Boiro  

20:15              

Mesa Redonda. Moderador D. Ramón Collazo, Presidente AGALCARI  

20:45              

Clausura                         

Dª. Beatriz Spuch Sánchez, Vicedecana Territorial en Galicia                          

D. Ramón Collazo, Presidente de AGALCARI        

10 de setembro de 2025 - 18:15 h.     

Lugar: Sala Carlos III, EXPONAV (Ferrol)    

Inscricións: FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Ningún comentario:

Publicar un comentario