8 de ago. de 2025

CULTURA

López Campos enxalza o labor da Fundación Manolo Paz a prol dunha cultura sustentable co recoñecemento á arquitectura de Chipperfield


O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, asistiron hoxe á celebración da X Xornada da Fundación Manolo Paz
Foto: X.G.

Infogauda / Cambados

 O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, asistiron hoxe á celebración da X Xornada da Fundación Manolo Paz, unha cita impulsada polo propio escultor cambadés a prol da cultura e da arte galegas e que se celebra cada ano en recoñecemento ao legado de creadores e profesionais do sector.  

 No acto, o representante de Cultura da Xunta enxalzou o labor desenvolvido pola Fundación Manolo Paz de pulo á cultura baseada na sustentabilidade, “tal e como reflicte a decisión de homenaxear a arquitectura integradora e respectuosa coa contorna de David Chipperfield”, valorou. Precisamente, salientou que os proxectos en Galicia do Premio Pritzker e impulsor da Fundación RIA “teñen como selo de identidade a plena sintonía coa cerna e idiosincrasia do patrimonio cultural galego”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario