O IES A Sangriña iniciará curso cun novo acceso para vehículos de emerxencias
• Que permite chegar ao ata o propio patio do recinto escolar
Infogauda / A Guarda
O IES A Sangriña iniciará este curso 2025/2026 cun novo acceso na parte posterior das súas instalacións, que permitirá que os vehículos poidan entrar ata o propio patio do recinto escolar.
O acceso está pensado para facilitar a entrada de vehículos de emerxencias, como ambulancias ou bombeiros, no caso de ser preciso. Ante estas emerxencias os vehículos poderán acceder ata un dos puntos principais da actividade escolar, o patio, xusto ao lado do pavillón deportivo e da zona de obradoiros de Formación Profesional. Deste xeito, as emerxencias que se poidan ocasionar poderán ser atendidas de xeito moito máis directo e rápido.
Para esta actuación investíronse 48.220,62€, cunha subvención da Deputación de Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario