25 de ago. de 2025

A GUARDA

“Unha Galicia para escoitala”: un concerto de Javier Otero Neira, para escoitar con auriculares inalámbricos

Unha innovadora proposta que conecta música, natureza e tecnoloxía. Este venres, 29 de agosto ás 20:00 horas, nas docas da Pasaxe




Infogauda / A Guarda

 Unha Galicia para escoitala”, un proxecto innovador onde música e tecnoloxía van da man, vai chegar á Guarda. Trátase dun concerto ao piano, que Javier Otero Neira, ofrecerá este venres, 29 de agosto, ás 20:00 horas, nas docas da Pasaxe.   

 Esta proposta baséase na contorna que o rodea, polo que contará cun escenario moi especial, á ribeira galega, onde desfrutar do río Miño con vistas a veciña vila de Caminha (Portugal). 

 O son chegará aos ouvintes grazas á auriculares inalámbricos a través dunha rede WIFI que permite aos asistentes moverse libremente, levando consigo a música en total silencio ao tempo que se empapan do espazo, o vento, o solpor, a natureza,... E, por suposto, a música.  

 Para poder desfrutar desta experiencia precísase inscrición previa a partir do martes 26 de agosto, no Centro Cultural ou chamando ao teléfono 986 61 18 50, en horario de 9:00 a 14:00h. 

 En caso de mal tempo, a actuación trasladarase ao Centro Cultural. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario