The Rapants, unha das bandas máis recoñecidas no panorama musical galego actual
• Actuará este sábado, 30 de agosto, ás 22:30 horas, no antigo estadio do Trega
Infogauda / A Guarda
A fin do mes de agosto destaca pola música, e o prato forte virá este sábado, 30 de agosto, ás 22:30 horas, no antigo estadio do Trega, coa actuación de The Rapants.
Previamente, pra ir quentando motores, ás 21:30h será a sesión do picadiscos Cristian Pereyra.
The Rapants (Muros, 2018), banda galega indie e garage, destaca pola súa frescura no panorama musical galego, con temas animados, cheos de enerxía e moita marcha. Algúns dos seus traballos máis coñecidos son “Cariña de Raposo” (2019) “O corasón como un after” (2023), e “La Máquina del Buen Rollo” (2024).
Ningún comentario:
Publicar un comentario