21 de xul. de 2025

VIGO / O BAIXO MIÑO

A Deputación investirá 685.000 euros en dez estradas provinciais das comarcas de Vigo e O Baixo Miño 

Este investimento enmárcase no acordo marco de obras de conservación de firmes na rede viaria da Deputación que ascende a máis de 4,4 millóns de euros para o conxunto da provincia


Infogauda / Vigo / O Baixo Miño

 A Deputación de Pontevedra investirá 685.000 euros en dez estradas provinciais que atravesan Baiona, Gondomar, Redondela, O Rosal, Salceda de Caselas, Tui, Tomiño e Vigo. Este investimento enmárcase no acordo marco de conservación de firmes na rede viaria da Deputación cuxos seis lotes acaban de ser adxudicados e ascenden a máis de 4,4 millóns de euros. “Seguimos sumando recursos para a mellora das estradas provinciais, vías fundamentais na vertebración do noso territorio, para garantir que os 1.700 km destas infraestruturas estean en condicións axeitadas de seguridade e avanzar, así, na mellora da calidade de vida da nosa veciñanza”, asegurou o presidente provincial Luis López.  

 En concreto, nas comarcas de Vigo e O Baixo Miño as actuacións abranguen traballos nas estradas provinciais EP-2001 O Calvario-A Garrida, EP-2005 O Meixoeiro-CUVI, EP-2201 Baiona-Baíña-As Fontes, EP-2303 Gondomar-Vilaza-Parada, EP-2502 O Cerquido-Ribadelouro, EP-2503 O Cerquido-Borraliño, EP-2906 Os Valos-Guizán, EP-3001 Tui-Rebordáns, EP-3101 Tebra-Cristelos e EP-3302 Tabagón-O Rosal-Portocelo, onde se desenvolverán dous tipos de actuacións: por unha banda, nalgunhas estradas levaranse a cabo traballos de fresado do firme para despois repor a capa de rodadura e, noutras, executarase unha capa de microaglomerado en frío.  

 As obras a realizar nestas estradas provinciais abranguen tamén escavacións, levantado de firme e/ou beirarrúas, saneos, fresados, recrecidos de pozos de rexistro, e, entre outras moitas actuacións, instalación de tubos. Ademais, en todas as actuacións nas que sexa necesario, procederase á reposición da sinalización horizontal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario