Xa chega o Festival ADETO ‘25
• O 18, 19 e 20 de xullo na praza do Seixo, en Tomiño
Gonzalo Lomba / Tomiño
Comercio, artesanía e asociacións danse a man este xullo en Tomiño na celebración do Festival ADETO promovido pola Asociación de Comerciantes co apoio do Concello de Tomiño e a financiación da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.
O evento, que se extenderá desde o venres 18 ata o domingo 20, na praza do Seixo, contará coa presencia de numerosos comerciantes e artesáns da contorna que ofrecerán os seus produtos a prezos ventaxosos.
Pero non quedará aí a cousa: o festival contará con actuacións, actividades infantís, música, sorteos, festa holi & espuma e máis sorpresas que se irán desvelando nos próximos días. Unha auténtica celebración para poñer en valor o comercio, a artesanía e as asociacións locais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario