7 de xul. de 2025

OIA

Reunión da nova Executiva Local do PSdeG-PSOE, de Oia: compromiso co avance e coa veciñanza 




PSOE de Oia

 A nova Executiva Local do PSOE de Oia celebrou esta semana a súa primeira reunión formal de traballo, marcando o inicio dunha nova etapa de organización e compromiso coa cidadanía. 

 Durante o encontro, abordouse a liña política que se seguirá ao longo do próximo semestre, centrada en cuestións prioritarias para o municipio. Entre os temas destacados, a Executiva fixo especial fincapé no impulso ao avance do PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal), unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento ordenado e sostible de Oia. 

 Tamén se analizou a situación do Centro de Día, como proxecto estratéxico para o benestar da veciñanza maior, e daráselle continuidade ao seguimento da xestión da auga municipal, tema que preocupa de forma crecente pola súa relevancia social e ambiental. 

 A Executiva comprometeuse a atender de forma activa as cuestións que vaian xurdindo ao longo do período, mantendo unha postura aberta, dialogante e sempre dispoñible para escoitar e responder ás necesidades reais da veciñanza de Oia, que seguirá sendo o centro das nosas accións. 

 Desde o PSOE de Oia reafirmamos o noso compromiso cunha política útil, transparente e baseada no diálogo constante coa cidadanía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario