13 de xul. de 2025

TOMIÑO

Violeta de Santiago, reelexida secretaria xeral da agrupación do PSdeG-PSOE de Tomiño


Violeta de Santiago - no centro -, xunto coas persoas que integran a comisión executiva local da agrupación do PSdeG-PSOE de Tomiño 


Redacción / Tomiño

 A agrupación do PSdeG-PSOE de Tomiño vén de celebrar  asemblea extraordinaria na que saiu reelexida, por unanimidade, Violeta de Santiago como secretaria xeral.  

 Xunto a reelección da secretaria xeral, aprobouse tamén pola unaninimidade das e dos militantes a composición da nova comisión executiva local  que tomará o mando do partido nos vindeiros anos, con a concelleira Mirta Misa, na secretaría de organización; Fernando Pino, na de administración.  Como secretario de política municipal toma o relevo Óscar Portas, e na secretaría da área de acción electoral, Loly Prieto, quen recentemente tamén foi nomeada delegada para o comité nacional nunha asemblea intermunicipal do PSdeG-PSOE do Baixo Miño, na demostración de que a comarca refrenda o traballo dos socialistas de Tomiño.  

 A secretaría de formación estará ao cargo  de  Alfonso Lorenzo, e a secretaría de igualdade e cultura será Nandi de Santiago, quen a xestione. 

 Créanse tamén postos adxuntos a diferentes áreas con Ana Silva, Marisol Pereira e Rubén Muñoz.  Unha aposta decidida para seguir  impulsando e  reforzando o traballo e chegar moito mais cerca da cidadanía.  

 A agrupación do PSdeG-PSOE de Tomiño segue a traballar por e para Tomiño, continuamente presente nas demandas da veciñanza co único obxectivo de dar voz e tratar de solucionar o que as tomiñesas e tomiñeses precisen. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario