Mutualismo
Abel Losada anima ás 17.000 persoas afiliadas a MUFACE na provincia para solicitar canto antes a nova tarxeta para a receita electrónica
O subdelegado destaca as vantaxes, aforrando trámites e desprazamentos e tamén a seguridade que introduce o novo sistema
“O Goberno de España fixo un esforzo considerable por manter o sistema mutualista, demostrando unha vez máis o seu compromiso social”
Infogauda / Pontevedra
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, presentou hoxe a nova receita electrónica da que gozan os afiliados de MUFACE. Nun acto celebrado nunha farmacia pontevedresa asistiu á adquisición de medicamentos, a través da nova tarxeta que substitúe á receita en papel e que beneficia a un total de 17.000 mutualistas na provincia.
Ao acto asistiron o director provincial de MUFACE, Ramiro Rodríguez; o presidente do Colexio Médico, Isidro Lago; o vicetesoureiro do Colexio de Farmacia, Carlos Mariño; e as delegadas das dúas aseguradoras con convenio: Laura Roca por parte de Adeslas, e María José Cordeiro, por Asisa, explicáronse as vantaxes da receita electrónica.
Abel Losada animou ás 17.000 persoas afiliadas a MUFACE da provincia para adherirse canto antes ao sistema de receita electrónica, “un avance que lles aforra desprazamentos e evítalles trámites anticuados, como ir buscar os talonarios de receitas, cousas que resultan incómodas, porque están emparajadas co tratamento de enfermidades”.
O subdelegado celebrou, por outra banda, a continuidade do sistema mutualista tras a recente renovación do convenio coas aseguradoras Adeslas e Asisa grazas ao Goberno de España, “que fixo un esforzo considerable por manter esta fórmula sanitaria e asistencial, demostrando, unha vez máis, o seu compromiso en todo o que ten que ver cos dereitos da ciudadanía”.
Losada subliñou que un 10% dos mutualistas da provincia están xubilados e que moitos deles residen en zonas rurais. Todos eles veranse agora beneficiados con este novo sistema máis simple “e do século XXI”. Así, por exemplo, destacouse que as persoas con enfermidades crónicas só deberán visitar ao seu médico prescritor unha vez ao ano, evitando todos os desprazamentos burocráticos que implicaba a receita en papel. Os profesionais da saúde poderán, ademais, verificar con máis facilidade que medicación foi prescrita a cada paciente por outros profesionais médicos e ter unha especie de “historial farmacolóxico”.
A nova receita significa, por outra banda, un control máis exhaustivo do gasto global en uso de medicamentos no mutualismo, como parte integrante do Sistema Nacional de Saúde. Cada prescrición será a partir de agora plenamente trazable e facilitará o tratamento dos datos, ademais de dificultar fraudes que ata o de agora viñan producindo nas receitas de papel, á vez que se garante a protección de datos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario