23 de xul. de 2025

A GUARDA

O V Open de Petanca Concello de A Guarda 2025 

  Celebrarase este sábado, 26 de xullo, nas pistas de Petanca do Codesal 




Infogauda / A Guarda

 O Club de Petanca O Caldeiro organiza, en colaboración co Concello de A Guarda, o V Open Concello de A Guarda. Durante todo o sábado, 26 de xullo, nas pistas de Petanca do Codesal disputarase este torneo para atopar á nova tripleta gañadora.  

 En total, máis de 100 xogadores de toda Galicia participarán nesta proba, pertencentes a diferentes categorías desde sénior ata sub-23 e xuvenil. A final disputarase ás 19:30 horas e a entrega final de premios será ás 20:30 horas.  

 O Club O Caldeiro leva anos impulsando a práctica da petanca entre os veciños de A Guarda e concellos veciños. Ademais de conseguir levar este xogo entre os máis novos, tamén é un punto de encontro para os maiores e unha forma de socialización e de vida saudable.

Ningún comentario:

Publicar un comentario