23 de xul. de 2025

A GUARDA

A unidade móbil da ADOS visitará A Guarda, o mércores 30 e o xoves 31 de xullo  

 O bus estará na rúa Rosalía de Castro, diante do Centro Cultural




Infogauda / A Guarda 

 A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) regresará o mércores e o xoves da semana que vén á Guarda. Trátase dunha visita fundamental, xa que o verán é a época máis complicada para manter estable a participación, pero tamén cando máis se precisan.  

 A unidade móbil estará o mércores 30 de xullo de 10:15 a 14:00 horas, e de 16:30 a 21:00 horas. O xoves 31 de xullo só se poderá doar no horario de tarde.  

 O bus estará na rúa Rosalía de Castro, diante do Centro Cultural. 

 Para doar hai uns requisitos mínimos, como ser maior de idade e pesar máis de 50 kg.  

 ADOS e o Concello da Guarda quere agradecer a solidariedade dos veciños e veciñas que adican 15 minutos do seu tempo para doar sangue e axudar a quen o necesite.

No 2024, as doazóns de sangue na Guarda descenderon en 143 persoas

 No ano 2024, na Guarda, doaron 518 persoas e a taxa foi de 52 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano que supera en 13 puntos a media de Galicia (39/1.000 hab) e en 3 puntos a taxa do Baixo Miño.  

 Isto supón, unha baixada importante respecto as doazóns do ano 2023, cando se acadaron na Guarda as 661 doazóns, cunha taxa de 66/1000 habitantes. Ese ano, A Guarda liderou a taxa de doazóns do Baixo Miño, mais caeu ata a terceira posición no 2024.  

 Por iso, para volver a incentivar as doazóns, ADOS volve coa campaña especial “Antes de viaxar, doa sangue” co obxectivo de acadar as 27.000 doazóns de sangue en Galicia que precisan os centros sanitarios neste período.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario