19 de xuño de 2025

TOMIÑO

A Xunta de Galicia galardoa ao CEIP Pintor Antonio Fernández, de Goián

•  Polo seu traballo en prol do cooperativismo entre o alumnado


O certame Cooperativismo no ensino é unha iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que ten coma obxectivo difundir e promover o cooperativismo entre estudantes de todas as etapas educativas en Galicia

Foto: X.G.

Infogauda / Tomiño 

 A Xunta de Galicia continúa recoñecendo aos colexios premiados no certame Cooperativismo no Ensino da edición de 2025. Nesta ocasión, foi o turno do  CEIP Pintor Antonio Fernández, situado na parroquia de Goián, no concello de Tomiño, que foi galardoado co accésit da categoría ao mellor traballo polo proxecto titulado Sementando cooperativismo

 O certame Cooperativismo no ensino é unha iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que ten coma obxectivo difundir e promover o cooperativismo entre estudantes de todas as etapas educativas en Galicia —desde infantil ata formación profesional e ensinanzas de réxime especial— á vez que se impulsa a realización de actividades para fomentar traballo en equipo, a responsabilidade compartida e a solidariedade entre o alumnado. Durante o mes de xuño, as diferentes entregas de galardóns servirán como antesala á celebración do Día do Cooperativismo Galego o vindeiro 5 de xullo, que baixo o lema As cooperativas promoven solucións inclusivas e sostibles para un mundo mellor, e coincidindo co Ano Internacional das Cooperativas este 2025, pretendese  destacar o seu papel crucial no desenvolvemento económico e social, na creación de emprego e na construción de sociedades máis xustas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario