19 de xuño de 2025

DEPORTES

O TOMIÑO F.C. ORGANIZA A I COPA BAIXO MIÑO 

  O torneo, de categorías Prebenxamín, Alevín e Cadete celebrarase este fin de semana no campo do Alivio   



Redacción Deportes / Tomiño

 O Tomiño F.C. porá o broche á temporada coa I Copa Baixo Miño, torneo de fútbol base que reunirá a equipos da comarca e arredores o sábado 21 e o domingo 22 de xuño, no campo do Alivio.  

 O torneo, que foi aprazado en Semana Santa polas condicións climáticas, terá tres categorías: prebenxamín e alevín, o sábado; e cadete, o domingo; e contará coa participación do propio Tomiño F.C., xunto a Goián C.F., U.D. Ribera, Gondomar F.B., Gondomar C.F., Erizana C.F., Club Louro Tameiga, E.D. Val Miñor, U.D. Mos, Porriño Industrial F.C., Racing Vilariño e U.D. Atios.  

 Baixo o lema O Baixo Miño, onde nos une o fútbol, esta Copa Baixo Miño aspira a converterse nun evento anual no que reunir aos clubs de fútbol base da zona nunha cita competitiva pero tamén de confraternización.  

 Ademais de partidos durante toda a xornada do sábado e do domingo, o torneo contará na tarde do sábado cun espectáculo de maxia a cargo do recoñecido ilusionista tomiñés Samuel Moreno.  

 Con esta Copa Baixo Miño o Tomiño F.C. porá fin a unha ilusionante temporada, a primeira do seu Plan Canteira, un plan que segue adiante coas insrcicións xa abertas para o vindeiro curso e coa Academia de Verán para a que aínda será posible apuntarse ata o 30 de xuño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario