11 de xuño de 2025

MARÍN

I XUNTANZA DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS FESTIVAL CINE DO MAR DE MARÍN

 Celebrarase o 29 de xuño de 2025, na fronte do paseo marítimo Alcalde Antonio Blanco do porto de Marín 




Infogauda / Marín

 O G. C. Ronsel en colaboración co Museo do Mar de Marín organiza unha xuntanza de embarcacións tradicionais que terá lugar o día 29 de xuño próximo. (Atención: no calendario de CULTURMAR aparece o día 28 por un erro do G. C. Ronsel); realizarase na fronte do paseo marítimo Alcalde Antonio Blanco do porto de Marín na área sinalada en azul no plano 1. 

 As zonas de atraque e varada figuran no plano 2. 

O programa previsto é o seguinte: 

 De 11 a 14 h exhibición de barcos tradicionais na frente do paseo marítimo Alcalde Antonio Blanco. 

 Ás 14:30 xantar en A Cantina, no propio paseo marítimo. 

 Finalizado o xantar dase por rematada a actividade. 

Inscrición de embarcacións 

 A inscrición farase no enderezo electrónico do G. C. Ronsel: blogronsel@gmail.com 

 A data de inscrición rematará o luns, 23 de xuño. 

 Deberase indicar o número de tripulantes e tipo de embarcación. 

Recepción de embarcacións 

 Os encargados de recibir as embarcacións serán: 

Antón, móbil 640 044 244, Xosé Vilas, móbil 661 536 360 (G. C. Ronsel) e José Antonio, móbil, 690 631 555 (Museo do Mar). 

 As embarcacións que veñan por mar antes do día 29 poden atracar nos puntos sinalados no plano 2. 

 As que cheguen por terra poderán deixar o remolque no lugar indicado no plano 2. Se veñen o día 28, sábado, é preferible que o fagan pola mañá, por haber unha concentración moteira na contorna do aparcamento anterior á rampa de varada.  

 Todas as embarcacións deben avisar cando van chegar e a que hora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario