Protestas en Unísono
• Este venres, 20 de xuño, nos centros de traballo de Unísono en Vigo (Gran Vía 110 e rúa Valencia 22)
Infogauda / Vigo
A sección sindical da CIG en Unísono desenvolverá concentracións diante da empresa para rexeitar a falta de resposta da dirección ás distintas problemáticas laborais existentes na compañía do sector de centros de chamadas: traballo en operativas complexas cobrando o SMI, condicións abusivas (xornadas semanais de oito días continuados sen garantir dous días de descanso consecutivos e aumento dos ritmos de traballo), incentivos cada vez máis escasos e imposíbeis de alcanzar, etc.
As mobilizacións desenvolveranse nos seguintes horarios:
- Mañá: de 12:00 a 12:30 e de 12:30 a 13:00
- Tarde: de 17:00 a 17:30 e de 17:30 a 18:00
Ningún comentario:
Publicar un comentario