11 de xuño de 2025

DEPORTES

TOMIÑO F.C.: INSCRICIÓNS ABERTAS PARA O SEU PLAN CANTEIRA 

  Para todas as categorías de fútbol base

 



Redacción Deportes / Tomiño  

 Plan canteira, así denomina o Tomiño F.C., ao seu proxecto de fútbol base iniciado o pasado curso e que acaba de abrir o proceso de inscrición para a tempada 2025/26 en todas as categorías de fútbol formativo.  

 A través das redes sociais ou do teléfono 696 690 391 pódese pedir máis información ou acceder ao formulario de preinscrición para as categorías mini (nacidos en 2020/21), prebenxamín (2018/19), benxamín (2016/17), alevín (2014/15), infantil (2012/13), cadete (2010/11) e xuvenil (2007/09).  

 Na súa aposta decidida polo fútbol formativo, o Tomiño F.C., conta con escola de tecnificación, escola de porteiros e adestradores titulados e organiza xornadas formativas, torneos e xornadas de convivencia para que nenos e nenas, mozas e mozos, así como as súas familias, gozar do fútbol con ilusión nunha contorna de aprendizaxe, deportividade e compañeirismo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario