4 de xuño de 2025

A GUARDA

A película ‘As Neves’ pechará o ciclo de  cinema galego na Guarda   

• Este venres, 6 de xuño, ás 20:30h, no Centro Cultural




Infogauda / A Guarda

 Coa proxección da longametraxe “As Neves”, de Sonia Méndez, este venres,  6 de xuño, ás 20:30h., no Centro Cultural de A Guarda, pecharase o ciclo de cine feito en Galicia. 

“As Neves”, foi un filme revelación no pasado 2024,  que obtivo neste 2025 tres Premios Mestre Mateo: mellor longametraxe, mellor interpretación feminina de reparto e mellor son.  

 A trama mestura adolescencia e rural para construír un suspense que sorprende ao espectador. A noite de Entroido un grupo de adolescentes celebran unha festa e se drogan con cogomelos por primeira vez.   

 Ao día seguinte espertan cun temporal de neve e a nova de que Paula, unha das rapazas da festa, desapareceu. Mentres, a vila queda incomunicada e cae Internet. Cada vez é mais urxente atopala. Iníciase unha investigación que causará un profundo cambio nas súas vidas e na súa relación co mundo.  

Ciclo de cine feito en Galicia

 Grazas ao ciclo de cine feito en Galicia, que conta co financiamento do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra, o público puido gozar durante tres semanas dunha escolma de gran calidade, pois foron obras con varios nomeamentos nos Premios Mestre Mateo.  

 A idea do presente ciclo é amosar unha escolma dos títulos mais recentes no audiovisual galego, un sector en auxe, que cada vez defende maiores propostas de calidade e abrindo as súas producións a temáticas do mais diversas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario