5 de xuño de 2025

A GUARDA

O  BNG ACUSA AO ALCALDE DA GUARDA DE ABANDONAR O MONTE TREGA    

 O alcalde retirou as partidas para o Trega contempladas no Plan de Sostibilidade Turística que ascendían a 365.000€  


Xosé Manuel Méndez Díaz, representante do BNG no Padroado Municipal do Monte Santa Trega

Infogauda / A Guarda

 O BNG vén de facer público que o alcalde da Guarda retirou dúas partidas para investir no Monte Santa Trega por un valor de 365.000€ contempladas no Plan de Sostibilidade Turístico en Destino (PSTD) da Guarda. A contía desta subvención - segundo indica o BNG - supera en 112.500€ o orzamento total do padroado do ano 2024.  

 Na sesión do Padroado Municipal do Monte Santa Trega, celebrada no día de onte, Xosé Manuel Méndez Díaz, o representante do BNG neste organismo, recriminoulle ao alcalde que “en vez de aproveitar este plan para dinamizar e poñer en valor o monte, fai todo o contrario e toma a decisión de non investir nin un céntimo nel, desentendéndose deste xeito  do maior recurso patrimonial que posúe A Guarda”.  

 O nacionalista na súa intervención afeoulle ao alcalde que “nos dous anos que leva como presidente do Padroado, non presentou nin  unha soa proposta para potenciar, dinamizar e protexer o Tegra. A súa estratexia limítase a espallar o falso relato de que este órgano non é funcional, cando en realidade fora de algúns axustes que sí son precisos, quen provoca que sexa inoperante é vostede, con unha xestión aberrante como se demostra coa renuncia a dúas  partidas por un total de 365.000€”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario