26 de xuño de 2025

A GUARDA

O Concello de A Guarda ofrece un obradoiro para aproveitar os productos da horta ao máximo   

O obradoiro encádrase dentro das actividades do V Ciclo Medioambiental Sostendo o Futuro




Infogauda / A Guarda 

 O Concello de A Guarda continúa co seu V Ciclo Medioambiental Sostendo o Futuro. Na que será a segunda actividade desta temporada, trátase dun obradoiro de cociña consciente.  

 O obradoiro será de balde e realizarase o sábado 12 de xullo no Centro Cultural de A Guarda. Para máis información o inscribirse, hai que enviar un correo electrónico a medioambiente@aguarda.es 

 Nesta sesión ensinarase aos participantes a aproveitar ao máximo os ingredientes e evitar botar comida ou alimentos fóra. Deste xeito, quéreselle sacar todo o proveito aos produtos da horta, sobre todo, agora, coa chegada de gran cantidade de froitas e verduras.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario