O Concello de A Guarda convoca un minuto de silencio en repulsa aos asasinatos machistas
• Este mércores 18 de xuño, ás 12:00 horas, na Praza do Reló
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda convoca para este mércores 18 de xuño, ás 12:00 horas, na Praza do Reló, un minuto de silencio en memoria de Marisol e Maritza, as dúas mulleres asasinadas en Galicia na última semana a mans das súas parellas.
"Deste xeito, tamén queremos enviar o noso apoio a familiares e amigos destas mulleres, vítimas de violencia machista, así como a repulsa de toda A Guarda ante calquera mostra de violencia de xénero", afirmaron desde o goberno local.
Ningún comentario:
Publicar un comentario