9 de maio de 2025

TUI

Lisi da Silva presenta en Tui as súas primeiras novelas   

  Será o luns, 12 de maio, ás 20 h na Sala Félix Rodríguez 




Infogauda / Tui

 A Biblioteca Municipal de Tui acollerá a presentación das novelas da escritora do Porriño, Lisi Da Silva, que ten editado recentemente “Martín no sabe morir” e “El ruído de los tonos grises”. A cita será o luns, 12 de maio, ás 20 h, na Sala Félix Rodríguez González, dentro da actividades que programa o Concello de Tui nos meses de maio e xuño co título de “Tui en letras”.  

 Estas novelas “Martín no sabe morir” e “El ruído dos tonos grises” están protagonizadas pola inspectora Lola Oliveira. Son as dúas dúas primeiras entregas da triloxía Crebas 

 A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente Solla, sinala que coa presentación destas novelas de Lisi da Silva, a Biblioteca Municipal tudense segue promovendo a difusión da produción literaria dos autores da nosa contorna, achegando a súa obra ás persoas lectoras e á cidadanía en xeral.  

 “Martín no sabe morir”  é un suspense policiaco que usa unha prosa fría e elegante, que mergulla de cheo na investigación levada a cabo en Galicia a mans dunha inspectora Lola Oliveira, intelixente, con feridas internas do seu pasado, pero atopa neste caso o impulso que precisa na súa carreira profesional. Martín é secuestrado por unha muller aparentemente sinistra que non desvela os motivos polos que secuestra e tortura a un dos protagonistas.  

 “El ruído de los tonos grises” é a segunda novela que continua na liña dun suspense de acción e misterio na que se debulla o presente dunha muller obsesionada con coñecer o seu pasado. A sarxento Lola Oliveira non dubidará en saltarse límites morais e éticos no seu afán por descifrar o enigma do seu abandono. Inmersa no caos da investigación, non será consciente da tea de araña que o pasado e o presente tecen ao seu arredor.  

 Lisi da Silva vén de facer realidade aos seus 63 anos o soño que ten dende os 15, que era escribir unha novela.  

 Amante da novela negra e a novela histórica, agora dedica ao seu tempo a súa paixón de escribir tras unha vida laboral onde foi administrativa e taquígrafa; para centrarse despois no mundo da moda, en concreto no de noivas durante máis de 30 anos.  

 Inquieta por natureza, defensora dos dereitos e liberdades das mulleres, participante en camiñadas solidarias e do Camiño de Santiago, e con curiosidades, coma súa afección á escritura, na que agora Lisi Olievira centra o seu tempo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario