CONVOCATORIA DE MANIFESTACIÓN NO SECTOR DE SIDEROMETAL DA PROVINCIA DE OURENSE
• Este martes, 20 de maio, ás 20:00 horas, dende a Casa Sindical (Parque de San Lázaro, 12), de Ourense
Infogauda / Ourense
No contexto de negociación do convenio colectivo do sector do siderometal da provincia de Ourense, a CIG-Industria e a UGT convocan unha manifestación este martes, 20 de maio, ás 20:00 horas, dende a Casa Sindical (Parque de San Lázaro, 12), de Ourense, para reclamar unhas condicións laborais dignas, xa que a patronal insiste nunha proposta insuficiente que non garante o poder adquisitivo nin contempla reducións de xornada.
Ante o bloqueo das negociacións pola actitude intransixente do empresariado as dúas centrais consensuaron unha plataforma de convenio e están a desenvolver unha campaña de mobilizacións que comezou o pasado venres 9 diante do recinto feiral Expourense coincidindo coa celebración o VII Car Outlet.
Ningún comentario:
Publicar un comentario