9 de maio de 2025

A GUARDA

O Concello de A Guarda levanta as recomendacións sobre a inxesta de auga 



 

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda vén de informar á veciñanza que tras as analíticas realizadas, a auga do depósito municipal presenta os parámetros óptimos para o consumo humano en comidas e bebida.

 Recordamos á veciñanza que a auga da billa sempre foi segura para o uso e consumo humano, mais debido a unha turbidez maior polos restos de sedimentos desaconsellouse a súa inxesta por precaución. A auga estivo en todo momento a recibir o tratamento e desinfección habitual, e non se detectaron bacterias ou patóxenos perigosos para a cidadanía.  

 O Concello de A Guarda prioriza sempre a seguridade e saúde dos veciñas e veciñas. Desde o Concello agradecemos a comprensión da cidadanía e lembramos que ante calquera dúbida ou incidencia poden poñerse en contacto co Concello a través dos medios habituais

Ningún comentario:

Publicar un comentario