11 de abr. de 2025

TOMIÑO

Mamá, imos a Tomiño! 

 Nova campaña do comercio local con tres premios para os seus clientes




Gonzalo Lomba / Tomiño  

 Logo da boa acollida da campaña do Día do Pai, ADETO repite iniciativa con motivo da proximidade do Día da Nai sorteando tres vales para gastar en hostalería, comercio e servizos de Tomiño.  

 A dinámica da campaña repite a da anterior ocasión: os clientes poderán subir a foto do seu ticket de compra ao formulario presente en www.adeto.es/imos-mama e entrarán directamente no sorteo. Cada cliente poderá participar con cantos tickets desexe sempre que sexan por compras feitas entre o 12 de abril e o 4 de maio.  

 A campaña conta co apoio do Concello de Tomiño e o financiamento da Xunta de Galicia e convida as persoas consumidoras a achegarse a Tomiño co lema Mamá, imos a Tomiño! para desfrutar de todo o que ofrece o comercio local. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario