BALONMÁN FEMININO
O Mecalia Atlético Guardés ficha á Anouk Nieuwenweg, lateral zurda neerlandesa
• Conta con ampla experiencia en ligas como Francia, Alemaña e Polonia. Esta última tempada militou no MKS Perla Lublin
Redacción Deportes / A Guarda
O Mecalia Atlético Guardés fichou para a próxima tempada á internacional neerlandesa Anouk Nieuwenwag. Trátase dunha lateral zurda de preto de 170 centímetros con 28 anos -cumprirá 29 o próximo mes de agosto- e con ampla experiencia en ligas como Francia, Alemaña -sobre todo- e Polonia. De feito, esta última tempada militou no MKS Perla Lublin. Coa súa selección estivo na órbita, pero non forma parte do equipo base que brillou nos últimos anos.
Desde o Mecalia Atlético Guardés consideran que "Anouk Nieuwenwag será unha peza chave na nosa calidade defensiva e efectividade ofensiva, dende o lateral dereito, no mesmo ano que volvemos a Europa".
Ningún comentario:
Publicar un comentario