14 de abr. de 2025

DEPORTES

PIRAGÜISMO

O CLUB DEPORTIVO MIÑO-TEIXUGOS, GAÑADOR DA 2ª COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM   

 Gran actuación, cun total de nove medallas, para o Deportivo Miño: cinco de ouro, dúas de prata e dúas de bronce










Informa (fotos e redacción): Rosa Fernández Carrera

 No embalse de Verducido tivo lugar este domingo a 2ª  das Copas Galegas de Promoción de Slálom, na que os máis pequenos da comunidade autónoma estiveron medindo as súas habilidades na auga.        

 O Club Deportivo Miño-Teixugos participou cun equipo de trece deportistas que tiveron un papel máis que destacado.              

 En C1 Infantil Feminino, Nerea Álvarez fixo a mellor manga con diferencia, gañando a proba, a medalla de prata foi para Leila Álvarez.              

 Nerea volveu acadar outro ouro en K1 feminino, nun podio totalmente teixugo, no que Catalina Sánchez rematou segunda e Leila Álvarez terceira. Na mesma categoría Rita Olveira foi cuarta e  Beatriz Sánchez, quinta.  

 En K1 feminino benxamín, Iria Álvarez gañou a proba, conseguindo unha nova medalla de ouro.  

 En K1 infantil masculino Lois Montenegro, rematou terceiro, conseguindo o bronce; Izan Vicente foi cuarto,  Alejandro Barreiro sétimo e Leo Álvarez octavo.  

 En K1 alevín Roque Olveira gañou a proba facéndose co ouro e Martín Vicente rozou o podio ao rematar cuarto.  

 En K1 benxamín, Brais Vicente tamén se impuxo, acadando un novo ouro para o club.   

 Gran actuación, cun total de nove medallas, para o Deportivo Miño: cinco de ouro, dúas de prata e dúas de bronce.  

 Na puntuación final por equipos os Teixugos foron os gañadores da proba con 259 puntos, o Club Piragüismo Penedo-Te Importa, de Tui e o Montaña Quixós, de Monforte, foron segundos e terceiros respectivamente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario