11 de abr. de 2025

A GUARDA

O PSOE da Guarda convoca unha reunión informativa sobre a problemática do xabaril

 O vindeiro martes 15 de abril ás 20:00 horas, no Clube da Terceira Idade e Pensionistas da Guarda (Casa do Mar)


Fátima Rodríguez Marcos - á der. da imaxe -, portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de A Guarda, dirixíndose as persoas que asistiron a reunión celebrada na sede da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos

Foto: GMS

Grupo Municipal do PSdeG-PSOE / A Guarda

 O grupo municipal socialista da Guarda organiza unha xuntanza aberta á veciñanza o vindeiro martes 15 de abril ás 20:00 horas, no Clube da Terceira Idade e Pensionistas da Guarda (Casa do Mar), co obxectivo de recoller testemuños, experiencias e propostas en relación cos danos provocados pola presenza do xabaril na contorna do Monte Trega.  

 Esta será a segunda reunión organizada polo PSOE, despois da celebrada en Camposancos o dia 10 de abril, que contou cunha importante participación veciñal e puxo de manifesto a preocupación polo impacto da fauna salvaxe nas fincas, camiños e mesmo estradas.  

 Nesta ocasión, a xuntanza está especialmente dirixida á veciñanza da zona da Cruzada, onde tamén se teñen rexistrado numerosos problemas e incidentes causados polos xabaríns.  

 O obxectivo é recoller a voz da cidadanía e trasladala ás administracións competentes, co compromiso de buscar solucións realistas e consensuadas que garantan a seguridade e a convivencia co medio natural. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario