Por terceiro ano consecutivo
A "Honckenya peploides" volve medrar na praia de Camposancos, na zona do Puntal
Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM) / A Guarda
A "Honckenya peploides" volve medrar na praia de Camposancos, na zona do Puntal. O pasado mércores, día 9, procedemos a protexer os escasos exemplares que van agromando.
Hai 120 anos, o P. Baltasar Merino Román, xesuíta e botánico, profesor no colexio "Apóstol Santiago" da Pasaxe (A Guarda), citaba a "Honckenya peploides" na praia de Camposancos, de onde desaparecería, probablemente, cara aos anos sesenta do século pasado, tal vez pola extracción de area, pois era unha actividade habitual por aquel entón, destinada á construción.
Durante varios anos, dende ANABAM tratamos de reintroducila novamente na citada praia, sen éxito. No ano 2022 levamos a cabo a última plantación con exemplares procedentes da outra beira do río, como sempre fixemos. E deu seus froitos ao ano seguinte, polo que, con este, xa levamos tres anos que as plantas van medrando e ampliando a súa área, recuperando así unha especie que se extinguira a nivel local. Deste xeito, no Baixo Miño posuímos, nestes momentos, dous puntos de presenza da especie: un situado nunha pequena praia de Mougás (Oia), á que prestamos tamén os nosos coidados dende hai décadas, e esta que reintroducimos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario