“Mulleres de palabra(s)”: unha oportunidade para falar coas novas escritoras da provincia
• O martes 22 de abril ás 20:00h, na Casa dos Alonso
Infogauda / A Guarda
O ciclo “Mulleres de palabra(s)” da Deputación de Pontevedra vai traer á Guarda as lecturas “As novas voces literarias da provincia”.
Esta actividade - que será presentada pola deputada de Igualdade, Sandra Bastos -, busca poñer o foco nas escritoras e nas palabras a través das que contan o mundo con perspectiva de xénero.
Dese xeito, o martes 22 de abril, ás 20:00h, na Casa dos Alonso, desfrutaremos das lecturas de Lara Dopazo, Andrea Fernández Plata e Guada Guerra. A sesión estará conducida pola xornalista Susana Pedreira.
Lara Dopazo leva publicando desde hai máis de 15 anos, nos que acadou galardóns como o premio Literario Nortear. A súa última publicación “Contos gringos” (2024) componse de doce relatos que propoñen unha viaxe cara ao profundo dos Estados Unidos.
Andrea Fernández consegue en “Jarroa” (2024) - a súa primeira novela -, crear unha atmosfera común ao camiñar a perda, o medo ao esquecemento e o traballo do recordo.
Guada Guerra aborda na novela “Las cosas que nos pasan” (2025) a frustración da xeración Y - na que se inclúen ás persoas nadas entre 1980 e 1994 -: a precariedade, a parella, a familia, a maternidade, o corpo ou a saúde mental.
Tras as respectivas lecturas poderemos conversar e intercambiar opinións coas autoras, reflexionando sobre os textos escollidos por elas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario