A Asociación "Almirante da Mar Oceánica" comeza súa singradura
Infogauda / A Guarda
No mes de marzo de 2025 quedaron aprobados pola Xunta de Galicia os estatutos da Asociación "Almirante da Mar Oceánica".
A devandita asociación está presidida por José Ángel Gándara Rodríguez, e súa xunta directiva está composta por Antonio Cid Vázquez (vicepresidente); Joaquín Cadilla Castro (secretario); Francisco José Portela (tesoureiro); e Víctor Álvarez Coballes e Ramón González González (vogais).
O ámbito territorial no que esa asociación vai a desenvolver principalmente as súas actividades, é o concello de A Guarda.
Os seus principais fins son:
a) A divulgación da figura de Colón e a súa orixe galega, a través de charlas sobre a orixe de Colón e a creación dunha biblioteca relacionada coa figura de Colón,
b) Organizar actos diversos vinculados co mar, divulgación; elaboración de artigos sobre Colón, e presentación de libros de temática mariña.
"Dende a asociación animamos a todos aqueles guardeses interesados neste proxecto, e con ánimo de participar, a poñerse en contacto con nós", referíu José Ángel Gándara.
Ningún comentario:
Publicar un comentario