5 de mar. de 2025

A GUARDA

A Guarda atrasa unha semana o seu Desfile de Entroido debido á chuvia 

•  Queda para o venres, 14 de marzo, ás 20:30h, desde a Esquina Famosa ata á Alameda 



 

Infogauda / A Guarda 

 A ameaza de chuvia para este venres á tarde fai que o Concello de A Guarda adíe a programación do venres 7 para o venres 14 de marzo.  

 Unha semana despois do previsto inicialmente, o venres 14 de marzo, á cidadanía de A Guarda e visitantes, desfrutarán do Desfile de Entroido, que ás 20:30h partirá da Esquina Famosa, ata chegar á Alameda.  

 Ao remate do desfile, na Alameda comezará a festa con Dj Charlie, Darío GZ, Adrián Mesu e Christian Pereira.  

 Desde o Concello de A Guarda refiren: "polo que xa sabedes, aínda non gardedes os vosos disfraces nin as ganas de Entroido!"

Ningún comentario:

Publicar un comentario