"Obras Incompletas": a arte de Toi irrompe na ESCOLA Contracultural
Asociación San Xerome / A Guarda
O Espazo ESCOLA Contracultural abre as súas portas a unha exposición única e profundamente suxestiva: "Obras Incompletas", unha mostra pictórica do artista Antonio Lomba, máis coñecido como Toi.
Apaixoado devorador de libros e melómano do rock, Toi é portador dunha bagaxe vital abrumadora que o leva a transitar entre o delirio e a sabedoría, a retranca e o anarquismo. A súa obra plástica, que agora se presenta ao público, mergúllanos nos abismos do seu universo particular: un reflexo visual da súa filosofía política e humanista, caracterizada por unha lucidez sempre ácida, diversa e xenuína.
As pezas desta mostra están elaboradas en materiais reciclados, co seu característico cromatismo eléctrico que desafía a percepción do espectador. A exposición busca non só amosar a súa obra, senón provocar unha reflexión no visitante, cuestionando esa conxunto de percepcións que chamamos realidade.
A ESCOLA Contracultural convídanos así a un exercicio de pensamento crítico, abrindo un espazo de exploración sensorial e intelectual a través da arte de Toi.
Datas e horario
A exposición poderá visitarse os xoves e venres de 10:30 a 12:00 h no Espazo ESCOLA.
Máis información en: www.sanxerome.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario