A OMIX de A Guarda prepara un obradoiro de Educación sexual na familia
• Dirixido principalmente a pais/nais ou titores de rapazada con idades dos 12 aos 16 anos (6º de Primaria a 4º da ESO)
Infogauda / A Guarda
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de A Guarda trae para o xoves 3 de abril un obradoiro de Educación Sexual na familia.
Diríxese principalmente a pais/nais ou titores de rapazada con idades dos 12 aos 16 anos (6º de Primaria a 4º da ESO).
Este obradoiro ten como principal finalidade crear un espazo de reflexión no que compartir inquedanzas, dúbidas e dificultades co obxectivo de construír ferramentas educativas que contribúan positivamente no desenvolvemento dos seus fillos e fillas.
Abordarase cando comezar a falar, de que falar e como responder, para así dotar de coñecementos que axuden na xestión diaria da educación de fillas e fillos.
O obradoiro comezará ás 17:00h e terá unha duración de 90 minutos. Para asistir é necesario facer unha inscrición previa no seguinte enderezo electrónico:
informacion@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario