Xoán Carlos Rilo vai presentar o seu disco ‘O ronsel do meu sentir’
• O venres 21 de marzo ás 19:00h, no Centro Cultural
Infogauda / A Guarda
O Centro Cultural de A Guarda vai acoller o próximo venres 21 de marzo ás 19:00h, a presentación do novo disco do mestre gaiteiro Xoán Carlos Rilo.
O acto está organizado polo Conservatorio Elemental de Música de A Guarda, coa colaboración do Concello guardés.
Este disco pecha a triloxía “O ronsel do meu sentir”, con temas da súa autoría cheos de dozura e sensibilidades. Ademais, contaremos coa súa actuación en directo da súa gaita acompañada nos audios, doutros moitos instrumentos de vento, corda e percusión, gravados por vinte músicos profesionais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario