5 de mar. de 2025

A GUARDA

O Concello de A Guarda recibirá a Álex Sierpes, tras os seus logros neste comezo do 2025

•  Este venres, 7 de marzo, ás 20:30h, na Casa dos Alonso 



 

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda organiza a recepción oficial do atleta Álex Sierpes Pereira, para este venres, 7 de marzo, ás 20:30h, na Casa dos Alonso.  

 Nestes comezos do 2025, o xove atleta guardés continúa brillando en cada unha das súas intervencións deportivas. A pasada semana conseguía proclamarse campión de España Sub-18, nos 3.000m. baixo cuberta. Deixaba atrás un mes de febreiro no que sorprendeu baixando o récord galego Sub-18, en dúas ocasións: nos 3.000m ata os 08:13.89 e nos 1.500m en 03:52.42.  

 Con 15 días de diferenza, proclamouse subcampión de España de cross Sub-18 e repetiu metal co club Vicky Food Athletics, no Campionato Europeo de cross por clubes, na categoría Sub-20, con só 16 anos.    

 Por todos estes logros, nos que sempre leva A Guarda como bandeira, a Casa dos Alonso abrirase para recibilo e darlle o recoñecemento e apoio de toda á cidadanía guardesa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario