O alcalde abordou co director de Turismo de Galicia a importancia turística da celebración do oitavo centenario da consagración da catedral
Foto: X.G.
Infogauda / Tui
O alcalde do Concello de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse hoxe en Santiago co director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, con quen abordou a importancia turística que terá a celebración do 800 aniversario da consagración da catedral de Tui entre novembro deste ano e decembro de 2026.
Xosé Merelles amosou o interese do seu departamento por apoiar esta efeméride que pretende ademais a declaración por parte do Goberno central de Acontecemento de Excepcional Interese Público. Estivo tamén presente o técnico municipal, Rafael Sánchez Bargiela.
No encontro, o alcalde e o director de Turismo de Galicia repasaron as distintas actuacións que se están a realizar no municipio para poñer en valor novos recursos turísticos. Tamén abordaron o incremento de peregrinos que rexistrou o Camiño Portugués, que ten en Tui a súa porta de entrada a Galicia, que o ano pasado foi percorrido por un total de 95.953 persoas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario