ATLETISMO
ÁLEX SIERPES PEREIRA CONQUISTA O RÉCORD GALEGO DE 3.000 METROS LISOS, NA CATEGORÍA SUB18
• Con tan soio 16 anos de idade, e coas cores do Sport Lisboa e Benfica
Redacción Deportes / A Guarda
Aínda sen tempo de dixerir o éxito do pasado domingo no europeo do clubs, cos seus compañeiros do Vicky Foods Athletics, equipo co que compite en España; o atleta Álex Sierpes Pereira, de A Guarda, voltou a darnos unha alegría a todos os que seguimos súa espectacular traxectoria deportiva.
O seu máis recente logro deportivo produciuse onte mércores, día 4 de febreiro de 2025, data na que o deportista guardés desprazouse ata á pista cuberta do Estádio Altice Fórum Braga (Portugal) na procura da mínima esixida pola Real Federación Española de Atletismo. E alí, o atleta do Baixo Miño, nesta ocasión coas cores do Sport Lisboa e Benfica, volveu brillar, unha vez máis, poñendo o cronómetro a lume vivo, cunha proba - 3.000 metros lisos, na categoría xuvenil Sub18 - dun altísimo nivel, con atletas absolutos desprazados do sur de Portugal (Lisboa) para disputar esa gran velada. Álex Sierpes entrou en liña de meta en 4º lugar, cun estratosférico crono de 8´19"03. Fixo unha media de 2´46"/km. Ese rexistro, ademais de impoñer un novo récord galego, establece a mellor marca europea e mundial de ano na categoría Sub18, 2ª mellor marca galega absoluta das clasificacións desta tempada de baixo teito.
Con este rexistro o atleta de A Guarda destrona o reinado que desde o ano 2019 posuía Medhi Nabaqui, logrado en Valencia con 8´25"59. Récord que desde onte a noite, repousará na Guarda (Pontevedra) no palmarés deportivo de Álex Sierpes Pereira.
Coa súa actuación, Álex Sierpes acreditou o seu gran estado de forma, sendo o corredor galego máis rápido na historia do fondo galego en alzar os brazos para facerse co mellor tempo de sempre, nos 3.000 metros na categoría xuvenil en pista curta.
A proba na que participou, denominada II Noite Atlética de Pista Curta, está englobada no World Athletics Global Calendar.
Co resultado obtido en Braga, Álex Sierpes Pereira certifica a súa participación no nacional baixo teito que se celebra a principios de marzo que se celebrará a principios de marzo na cidade de Valencia.
Agradecer aos seus compañeiros de Guimarães do grupo de Ricardo Ribas, en especial aos atletas Leonardo Oliveira e André Barbosa polo seu enorme traballo realizado. Tamén aos seus tres adestradores actualmente: Ricardo Ribas, Javier Sierpes e Patricia Pereira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario