As soltas de auga do encoro de Frieira deixan sen ingresos ás familias dos pescadores do Rio Miño
• A Asociación de Pescadores do Rio Miño solicitará amparo e comprensión a Comandancia Naval do Rio Miño para que habiliten novos dias de pesca como se fixo en Asturias ou Francia e poder compensar esta falla de ingresos
• Os dias de pesca coincidiron coas alertas laranxas declaradas pola irrupción das borrascas Herminia e Ivo e os pescadores non puideron sair a faenar
A Asociación de Pescadores do Rio Miño quere denunciar a actual situación das normativas de pesca no rio Miño que impide a práctica e desenvolvemento da actividade tradicional e centenaria da pesca no Rio Miño. Do mesmo xeito, quere pór en cuestión a argumentación feita pública de que a pesqueria do meixón está en retroceso toda vez que, segundo datos oficiais da Confraria de Pescadores [Santa Tecla], na campaña 23/24 (a primeira na que se restrinxiu de 60 dias de pesca a 30) pescouse 665,7kg e na anterior de 22/23 pescouse 544,96. É dicir, pescouse un 22% máis de meixón cando foi reducido un 50% os dias para poder pescar. Segundo a Asociación de Pescadores do Rio Miño “o ano pasado reducironnos un 50% os dias para poder pescar e sen embargo pescouse un 22% máis de meixón. Peixe no rio hai, a cuestión é que as adminsitracións nos faciliten as condicións para poder exercer o noso traballo”.
Os dias de pesca habilitados na última lúa de xaneiro coincidiron coas borrascas Herminia e Ivo, as cais obrigaron a declarar 2 alertas laranxas. Ademáis disto, Naturgy atendendo aos seus intereses privados procedeu a solta de auga do encoro de Frieira durante os dias de pesca producindo un arrastre de auga no rio que impide ao meixón entrar e aos pescadores exercer o seu traballo.
Estas circunstancias adversas motivan aos pescadores a solicitar amparo e comprensión diante da Comandancia Naval do Miño para que habiliten novos dias de pesca e poidan compensar as pérdidas de ingresos ante a imposibilidade fisica por cuestións metereolóxicas de sair a pescar. Por outra parte, piden poder ter dereito a exercer os 30 dias de pesca que a lei lles permite, acordados polo Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea. Segundo a Asociación de Pescadores do Rio Miño “en Euskadi, Asturias ou Francia os pescadores de meixón poden anular e cambiar os distintos dias de pesca en función de inclemencias metereolóxicas avisando 24hs, non entendemos que os pescadores do rio Miño sexamos europeos de segunda, temos que ter os mesmos dereitos todos. Non se lle pode pedir aos pescadores galegos que exerzan o seu traballo con alertas laranxas e os outros europeos poidan mudar os dias de pesca para traballar don seguridade”.
Outra cuestión a sinalar por parte dos pescadores é a actitude de Naturgy e as súas soltas de auga indiscriminadas “os pescadores temos que soportar como as autoridades poñennos cada vez máis trabas por exercer unha tradición centenaria como a pesca e logo resulta que as autoridades permiten a unha multinacional enerxética facer e desfacer ao seu antoxo, soltar a auga e modificar o caudal do rio cando eles queiran”. A Asociación de Pescadores do rio Miño quere facer público tamén a súa preocupación diante do anuncio feito por parte de Naturgy de desenvolver un proxecto de investir 500 millóns de euros para construir un novo encoro no rio Miño cunha potencia de 485 MW, algo que porá máis impedimentos e barreiras aos peixes migradores do rio Miño e provocará mais erosión debido as soltas de augas indiscriminadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario