O PSOE de Tui fracasa na súa xestión ao non ser capaz de aprobar a ordenanza da zona azul e afonda na crise económica do Concello
• O Partido Popular presenta unha batería de alegacións ante a ordenanza de regulamento da zona azul por conter un número significativo de irregularidades e xunto a C21, “frenan en seco” a entrada en vigor deste sistema
• A mala xestión, a falta de planificación e a incapacidade para chegar a acordos do equipo de goberno, agravan aínda máis o “burato financeiro” do Concello
Partido Popular / Tui
No pleno do pasado mes de outubro, o equipo de goberno aprobaba coa abstención do BNG, unha nova ordenanza para regular con cámaras o aparcamento da zona azul, un sistema implantado que vulneraría a privacidade dos veciños, e que según a ordenanza, emitiría sancións automaticamente de ata 150€ por superar o tempo de permanencia nesta zona. Ante esta norma, que presentaba un número significativo de irregularidades, o Partido Popular interpuxo unha batería de alegacións, todas elas rexeitadas polo goberno tudense e que foron levadas ao pleno deste pasado xoves, no cal os socialistas non lograron convencer nin o BNG para a súa aprobación definitiva.
Ante este facaso, os socialistas tudenses demostraron unha vez máis non só a súa falta de xestión, senón tamén unha absoluta incapacidade para alcanzar acordos a pesar de gobernar en minoría. A desestimación desta ordenanza impide a posta en marcha do sistema de videovixilancia, que foi instalado antes da súa aprobación e supuxo un custo superior aos 120.000 € para o Concello. Isto agrava aínda máis o despilfarro das arcas municipais, que por culpa das malas xestións deste goberno, sofren xa unha perda que rolda o medio millón de euros.
Pero a noite non remataba aí para os socialistas. Outro dos puntos levados ao pleno era unha solicitude de modificación de crédito por valor de 263.463 euros para facer fronte a gastos non contemplados nos seus orzamentos, a pesar de que estes foron aprobados hai apenas 6 meses. Esta petición non fixo máis que evidenciar a improvisación e a falta de planificación do goberno municipal, que, lonxe de xestionar con responsabilidade os recursos públicos, recorre a remendos de última hora para cubrir as súas carencias. Ademais, a falta de previsión e o escaso diálogo con outras forzas políticas propiciou o rexeitamento desta solicitude e coloca ao goberno local contra as cordas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario