10 de feb. de 2025

TUI

O alcalde abordou co director de Turismo de Galicia a importancia turística da celebración do oitavo centenario da consagración da catedral 


De esq. á der.: Xosé Merelles, director de Turismo de Galicia, con Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui;  e Rafael Sánchez Bargiela, técnico municipal do Concello de Tui 

Foto: X.G.


Infogauda / Tui

 O alcalde do Concello de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse hoxe en Santiago co director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, con quen abordou a importancia turística que terá a celebración do 800 aniversario da consagración da catedral de Tui entre novembro deste ano e decembro de 2026. 

 Xosé Merelles amosou o interese do seu departamento por apoiar esta efeméride que pretende ademais a declaración por parte do Goberno central de Acontecemento de Excepcional Interese Público. Estivo tamén presente o técnico municipal, Rafael Sánchez Bargiela.   

 No encontro, o alcalde e o director de Turismo de Galicia repasaron as  distintas actuacións que se están a realizar no municipio para poñer en valor  novos recursos turísticos. Tamén abordaron o  incremento de peregrinos que rexistrou o Camiño Portugués, que ten en Tui a súa porta de entrada a Galicia, que o ano pasado foi percorrido por un total de 95.953 persoas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario