12 de feb. de 2025

PONTEVEDRA

Dixitalización  

Abel Losada e Rede Aberta repasan cos concellos de Gondomar, Salceda e Tui o despregue da fibra 

• A empresa ten adxudicadas nesta zona do territorio 1.031 unidades inmobiliarias (Gondomar), 652 (Tui) e 468 (Salceda)  


O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, coordinou unha xuntanza cos concellos de Gondomar, Salceda e Tui coa empresa Rede Aberta
Foto: S. do G.

Infogauda / Pontevedra 

 O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, coordinou unha xuntanza cos concellos de Gondomar, Salceda e Tui coa empresa Rede Aberta, adxudicataria da subvención do Plan ÚNICO 2023 aos efectos de repasar e organizar o despregamento nos núcleos rurais destes concellos aos que aínda non chegou a fibra no marco deste plan estatal para garantir a conectividade en banda ancha. 

 Rede Aberta informou que o MITECO esixe que as obras estean rematadas e xustificadas antes do 31 de decembro deste ano 2025, polo que está a apurar o tendido da fibra pendente nesta zona do territorio, onde ten adxudicadas 1.031 unidades inmobiliarias (Gondomar), 652 (Tui) e 468 (Salceda). 

 O Plan ÚNICO púxose en marcha para garantir a chegada de servizos de banda ancha de 300 Mgps simétricos, escalables ata 1Gbps. Esta iniciativa do Goberno de España, destacou Abel Losada Losada, situou a España como líder en despregamento de fibra óptica en toda Europa, tanto por número de fogares conectados como pola velocidade da conexión.   

 As subvencións do Plan Único supoñen un investimento total de case 20 millóns de euros na provincia de Pontevedra, mobilizando 27,1 millóns de euros en proxectos de infraestruturas por parte das tres empresas adxudicatarias na provincia: Telefónica, Rede Aberta e Avatel. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario