PIRAGÜISMO
Sete medallas para os teixugos na XV Taça Ibérica de slálom
Informa (fotos e redacción): Rosa Fernández Carrera
As augas do Coura acolleron esta fin de semana a XV Taça Ibérica de Slálom. Esta competición tranfronteiriza, organizada polo Deportivo Miño-Teixugos e a Federación Portuguesa de Canoagem, leva xa quince anos reunindo a deportistas galegos e portugueses na aldea de Covas, en Azenha de Pagade.
Ao longo do sábado disputáronse as clasificatorias e as semifinais, quedando as finais para o domingo. Un total de 164 deportistas acudiron a cita que puntuaba para a Liga Portuguesa e para a Liga Galega.
Do Club Deportivo Miño-Teixugos acudiron ao evento un total de dezasete piragüistas.
En K1 Home Veterán, Emilio Rodríguez dominou nas tres mangas, rematando coa medalla de ouro da categoría.
En K1 Home Infantil, Lois Montenegro foi o mellor dos teixugos ao rematar sexto; Alejandro Barreiro foi undécimo; Leo Álvarez, duodécimo; e Izán Vicente, décimo terceiro.
En K1 Home Cadete Brais Álvarez quedou décimo segundo e Iván Cruz décimo oitavo.
En K1 Muller Infantil, as irmás Nerea e Leila Álvarez dominaron a proba e conseguiron ouro e prata, respectivamente. Na mesma categoría Rita Olveira foi cuarta; Catalina Sánchez foi quinta; e Beatriz Sánchez sexta.
En K1 Muller Cadete, Daniela Otero rematou novena.
En K1 Muller Sénior, Laura gañou clasificatorias e semifinais e na final quedou segunda, levándose a prata da máxima categoría, na que Ainhoa Barreiro rematou sétima e Alba Soutelo oitava.
Na modalidade de canoa ou C1 a participación foi máis reducida pero frutífera a nivel de podios. Alba Soutelo gañou en C1 muller sénior, dominando con claridade nas tres baixadas. En C1 Infantil Nerea Álvarez tamén conseguiu un ouro; e, en C1 sénior home, Brais Castro, cunha gran participación acadou un bronce.
Un total de sete podios para os Teixugos nesta XV Taça Ibérica con catro medallas de ouro, dúas de prata e unha de bronce.
Na clasificación final por equipos, o gañador da Taça foi o Club Tea de Mondariz Balneario, seguidos do Aventura Marâo Club e en terceiro lugar o Montaña Quixós, de Monforte. O Club Deportivo Miño rematou no cuarto posto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario