3 de feb. de 2025

DEPORTES

PIRAGÜISMO

Seis medallas para os teixugos na copa ibérica de slálom 


 O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu cun gran equipo de dezaoito deportistas
 En K1 muller sénior Laura Alonso acadou a medalla de prata
En K1 muller infantil a proba estivo dominada polas teixuguiñas. Nerea Álvarez foi a gañadora da proba, Leila Álvarez foi prata, Rita Olveira bronce

En K1 home veterano Emilio Rodríguez dominou a proba en tódalas baixadas colgándose o ouro na final  


Informa (fotos e redacción): Rosa Fernández Carrera 

 Nas augas do río Tea, en Mondariz Balneario, deu comezo a tempada de slálom deste ano 2025 coa Copa Ibérica de Slálom. Éxito total desta proba organizada polo Club Tea de Mondariz, cun río nunhas condicións inmellorables para esta modalidade e cunha gran participación nesta primeira cita do ano. Cento oitenta saídas de participantes de dezaoito clubs, acudiron á cita clubs casteláns, asturianos, portugueses e galegos, para estes últimos os resultados contaban como a primeira Copa Galega de Slálom.  

 O Club Deportivo Miño-Teixugos acudiu cun gran equipo de dezaoito deportistas que deron o mellor de si mesmos nesta xornada de competencia e convivencia.  

 En K1 muller infantil a proba estivo dominada polas teixuguiñas. Nerea Álvarez foi a gañadora da proba, Leila Álvarez foi prata, Rita Olveira bronce, Catalina Sánchez cuarta e Beatriz Sánchez sexta. Nerea Álvarez levou unha segunda medalla de ouro na categoría C1 muller infantil.  

 En K1 muller cadete, Daniela Otero foi octava.  En K1 muller sénior Laura Alonso acadou a medalla de prata, Ainhoa Barreiro foi octava e Alba Soutelo novena. Alba tamén participou en C1 onde rematou quinta.  

 En K1 home veterano Emilio Rodríguez dominou a proba en tódalas baixadas colgándose o ouro na final.  

 Na categoría K1 home Infantil os mellores clasificados foron Izan Vicente que rematou sétimo e  Lois Montenegro  noveno, os dous acadaron a final. Na mesma categoría Xurxo Río foi duodécimo, Leo Álvarez décimo quinto e Alejandro Barreiro décimo sexto.  

 En K1 home cadete Brais Álvarez chegou a semifinais  rematando undécimo e Iván Cruz décimo noveno.  

 En C1 home sénior Brais Castro rematou undécimo.  

 Na clasificación final por equipos o gañador foi o Tea de Mondariz e o Deportivo Miño quedou noveno.  

 A próxima semana nova cita co slálom nas augas do Coura onde se celebrará a XV Taça Ibérica de Slálom.

Ningún comentario:

Publicar un comentario