O patrulleiro Cabo Fradera da Armada Española recala na Pasaxe
• 13 anos despois da súa visita anterior
Infogauda / A Guarda
Este mércores 26 de febreiro de 2025, o patrulleiro Cabo Fradera, da Armada Española vén de recalar na Pasaxe (Camposancos) 13 anos despois da súa anterior visita. Nesta ocasión, fixo escala na patrulla de vixilancia no Tramo Internacional do Río Miño (TIRM).
O buque estivo aberto ao público en horario de 9:30 a 13:30 horas, onde a tripulación a bordo explicaba as funcións e os equipos do patrulleiro.
O alumnado escolar foi o público máis numeroso, pois achegáronse clases de diferentes colexios e idades, invitados polo Concello de A Guarda. Quen sabe se dentro duns anos, alguns escolares de hoxe, desempeñen seu labor profesional na Armada Española.
O alcalde Roberto José Álvarez Carrero, xunto co tenente alcalde e concelleiro de Facenda, Administración Local, Medioambiente e Biodiversidade, Óscar Alonso Álvarez, e o concelleiro de Infraestructuras, Vías e Obras, Servizo Cidadán e Persoal, Isidro Lomba Lorenzo, desfrutaron tamén desta visita guiada polo tenente de navío, Pablo Navarro, comandante do buque.
O alcalde agradeceu a visita do patrulleiro e de abrir as portas á cidadanía e aos colexios. Ademais, ambas partes - Armada Española e Concello de A Guarda - agardan poder realizar outra visita á Guarda en breve.
Ningún comentario:
Publicar un comentario