26 de feb. de 2025

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

O patrulleiro Cabo Fradera da Armada Española recala na Pasaxe

• 13 anos despois da súa visita anterior


O tenente de navío Pablo Navarro, comandante do buque, recibiu a bordo do Cabo Fradera, ao alcalde Roberto José Álvarez Carrero, xunto co tenente alcalde,  Óscar Alonso Álvarez, e o concelleiro de Servizo Cidadán e Persoal, Isidro Lomba Lorenzo
Fotos: C.A.G.
O alcalde do Concello de A Guarda, asinando no caderno de bitácora do Cabo Fradera
Alumnado de varios centros educativos de A Guarda visitaron o patrulleiro

Infogauda / A Guarda

 Este mércores 26 de febreiro de 2025, o patrulleiro Cabo Fradera, da Armada Española vén de recalar na Pasaxe (Camposancos) 13 anos despois da súa anterior visita. Nesta ocasión, fixo escala na patrulla de vixilancia no Tramo Internacional do Río Miño (TIRM).  

 O buque estivo aberto ao público en horario de 9:30 a 13:30 horas, onde a tripulación a bordo explicaba as funcións e os equipos do patrulleiro.  

 O alumnado escolar foi o público máis numeroso, pois achegáronse clases de diferentes colexios e idades, invitados polo Concello de A Guarda. Quen sabe se dentro duns anos, alguns escolares de hoxe, desempeñen seu labor profesional na Armada Española.

 O alcalde Roberto José Álvarez Carrero, xunto co tenente alcalde e concelleiro de Facenda, Administración Local, Medioambiente e Biodiversidade,  Óscar Alonso Álvarez, e o concelleiro de Infraestructuras, Vías e Obras, Servizo Cidadán e Persoal, Isidro Lomba Lorenzo, desfrutaron tamén desta visita guiada polo tenente de navío, Pablo Navarro, comandante do buque.  

 O alcalde agradeceu a visita do patrulleiro e de abrir as portas á cidadanía e aos colexios. Ademais, ambas partes - Armada Española e Concello de A Guarda - agardan poder realizar outra visita á Guarda en breve.

Ningún comentario:

Publicar un comentario