16 de xan. de 2025

TOMIÑO

A aplicación móbil “Línea Verde” pasa a ser “Meu Concello” 

• Nesta aplicación aparecen todas as novas publicadas na web do Concello e sirve ademais para comunicar incidencias

 



Infogauda / Tomiño

 O Goberno municipal de Tomiño lembra á poboación tomiñesa que o pasado 12 de xuño, a aplicación móbil “Línea Verde” pasou a chamarse “Meu Concello” (dispoñible para descarga en Google Play), e que funciona como unha canle directa de comunicación entre a cidadanía e os 28 concellos da provincia adheridos ao proxecto: A Cañiza, A Lama, Arbo, As Neves, Baiona, Bueu, Cambados, Campo Lameiro, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Fornelos de Montes, Gondomar, Meaño, Meis, Moaña, Moraña, Mos, O Grove, Pazos de Borbén, Pontecesures, Portas, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Soutomaior, Tomiño, Vilaboa. Trátase dunha iniciativa financiada con recursos dos fondos Next Generation para a modernización e dixitalización das entidades locais de menos de 20.000 habitantes.  

 Nesta aplicación aparecen todas as novas publicadas na web do Concello e tamén sirve para comunicar incidencias. As persoas veciñas poden pór en coñecemento do Concello aquelas incidencias que detecten na localidade e este poderá así, coñecer as necesidades e problemas do concello para darlles resposta ou solución o antes posible. Ademais, a aplicación móbil tamén permite ao Concello enviar avisos á cidadanía, sumando así unha canle de comunicación inmediata e eficaz.  

 Segundo informa o concelleiro de Obras, Acción Rural e Novas tecnoloxías, Alexandre Pérez Souto, contabilízanse 17.500 incidencias dende que se creou a plataforma en 2020, e que pasou a denominarse “Meu Concello” en xuño do ano pasado. Deste total, resolvéronse case o 95%. No 2024 a veciñanza comunicou 4.147 incidencias, sendo a maioría de iluminación pública (44%), seguidas polas de lixo  e de obras e vía pública(9%) e escolas (8%).  

 O Concello de Tomiño anima as persoas veciñas a seguir utilizando a aplicación móbil (Meu Concello), co fin de axilizar a comunicación cos membros do goberno local.

Ningún comentario:

Publicar un comentario